
- Editorial:
- Ediciones Trea, S.L.
- Año de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-15078-05-0
- Páginas:
- 176
- Encuadernación:
- Bolsillo
LUIS BELLO. VIAJE POR LAS ESCUELAS DE GALICIA. EDICIÓN E ESTUDO
VIAJE POR LAS ESCUELAS DE GALICIA
COSTA RICO, ANTÓN
Viaje por las escuelas de Galicia é o título que agrupa os 37 textos que o xornalista e político Luis Bello, vencellado á Institución Libre de enseñanza e ao republicanismo, publicou ao longo de 1929, no xornal madrileño El Sol, coas súas estampas sobre a situación de tantas escolas urbanas e sobre todo rurais da Galicia daqueles días. A precisión e o trazo limpo na escrita, a viveza nas imaxes, a forza dos seus retratos, ou a presenza dos nenos e dos mestres, fan dos textos pezas singulares da escrita sobre nós. E pagaba a pena unha nova edición para os lectores e as lectoras de hoxe, anotada e introducida, con textos e ilustracións complementarias, pora parte de Antón Costa Rico.